![]() |
Como alcaldesa do concello de Oimbra, compráceme darlles a benvida ó noso concello a través desta web, agradecéndolles o seu interese por visitar o noso municipio desde este portelo virtual.
Con estas páxinas, Oímbra acércase ás novas tecnoloxías da información, sendo a nosa intención, por unha banda, ofrecer información do noso Concello a todos os internautas, e de maneira moi especial a todos aqueles que tiveron que emigrar e que levan polo mundo a morriña do noso municipio. Por outra banda, ofrecer unha plataforma de información ó cidadán, dos servizos públicos, proxectos que se están desenvolvendo dende o consistorio, a nosa cultura, festas, patrimonio, así como a súa excelente e variada calidade de produtos de horta... En definitiva, o pasado, presente e futuro dun pequeno municipio rural, cheo de encantos e natureza que lle convidamos a descubrir.
Ana María Villarino Pardo
Alcaldesa de Oímbra |